aquí está o meu tesouro
	Meu tataravó viviu no mar...
	
    
   - Meu tataravó viviu no mar a maior parte da súa vida. Chamábase Antón, era carpinteiro, e desenvolvía a súa profesión en barcos mercantes, dun lado a outro do mundo, de continente en continente. Seino, porque meu avó sempre está contando as súas historias. Eu pensaba que a maioría estaban inventadas ou que cando menos adornadas con moita fantasía.
 
   
        - Pero sucedeu algo que me ten totalmente entusiasmado. Atopei por casualidade unha maleta vella no almacén do meu avó e pregunteille para que era; díxome que era do meu tataravó… que só contiña papeis amarelentos, documentos persoais do vello, inservibles, pero que nunca fora quen de desfacerse deles por cuestións afectivas. Entón ocorréuseme a idea de pedirlle que ma deixara gardar a min, quería aproveitar para ver se había algunha referencia ás historias que me contou del. 
 
        
        - Levo varios días mirando papeis entusiasmado. Descubrín algo que me ten engaiolado, nun peto da maleta, moi disimulado e que descubrín cando estaba valeira de papeis, había un estraño caderno. Polo que parece é algo así como un diario no que o meu tataravó apuntaba datos sobre os lugares polos que pasaba, con coordenadas e todo, e con apuntamentos curtos pero moi clariños do que lle aconteceu en cada lugar.
 
        
        -  E o máis alucinante de todo isto, é que ten marcadas as coordenadas dun tesouro afundido no mar, e pon con letras grandes: AQUÍ ESTÁ O MEU TESOURO, ESTOU SEGURO. E non o ides crer, eu case que tampouco, ás veces penso se o estarei soñando, fai tres días saíu na prensa que apareceu un tesouro afundido, que o levaban  buscando dende fai moitos anos, E COINCIDEN AS COORDENADAS!… 
 
		- Conteille todo ao avó, xa non aguantaba máis. Fíxome unha proposta que me parece xenial, pediume que preparara esta historia para contárllela a todo o mundo, e aquí estou (e el está a corrixirme o que fago, que para iso é  mestre). Pero non me gusta moito escribir, polo que vou a facelo doutro xeito, ...
 
        - ...a ver que vos parece?...
  ...Preme na imaxe para comezar!!  
	
	Chamábase Antón
 
